WEB CANTODORXO

Vaya al Contenido

Menu Principal:

   En 1978 abriuse no Grove unha escola de danza que se distinguía por dúas características: a amplitude na tipoloxía do obxecto de ensino e o numeroso do seu alumnado. Non era máis ca unha escola, pero por ela pasaron varias xeracións de grovenses nas que a institución deixou fonda pegada.

   Nun determinado momento unha destas xeracións (que, de tanto frecuentala, fixera da escola a súa segunda casa) foi quen de coller o relevo na dirección e organización das clases e das actividades. Empezaba a madurar a idea de facer da escola algo máis amplo, e dita idea concretouse cara a 1994, cando a estas persoas se sumaron outras con quen tiñan en común a afección pola danza e a música propias do país. Así rematou por xurdir Cantodorxo, unha asociación que ten o seu cerne no baile como manifestación estética e escénica dunha cultura.

   Actualmente a Asociación está formada polas seccións de Grupo de Baile Tradicional, Escola de Baile, Grupo de Majorettes, Grupo de Pandeireteiras e Grupo de Gaitas e percusión. Sumando tódalas seccións que a forman, a Asociación Cultural Cantodorxo está integrada por uns 130 compoñentes e alumnos, sendo a Escola de Baile a máis numerosa.

 
Regreso al contenido | Regreso al menu principal